Blog literario a gusto de la autora

miércoles, 16 de diciembre de 2015

Cando as bibliotecarias escriben cartas aos Reis Magos

Hoxe non veño falar de libros xa lidos, senón de desexos aínda non cumpridos. A cantidade de libros que hai na miña casa é moi superior á súa capacidade, e algúns deles todavía estan sen ler. Pero sempre quero máis. E, neste caso, non hai "galiñas que entran polas galiñas que saen". Así que a ver que novo tetris me monto se os Reis Magos me fan caso e traen todos os libros que quero:

  • Escarlatina, a cociñeira defunta (Ledicia Costas)
  • La increíble historia de tu cuerpo sobre el mío (Marwan)
  • El Tesoro de Barracuda (Llanos Campos)
  • Dragal. A herdanza do dragón (Elena Gallego)
  • Historia de una maestra (Josefina Aldecoa)
  • A edición completa de Alicia en el País de las Maravillas de Edelvives (con ilustracións originais a cor)
  • La increíble historia de mi tía horrible (David Walliams)
  • O album ilustrado de María Antonieta
  • Manolito tiene un secreto (Elvira Lindo)
  • A edición de Seda (Alessandro Baricco) ilustrada por Rebecca Dautremer
E paro xa, porque din que se pides moitas cousas aos Reis Magos, ao final, non che traen ningunha! Aínda que cun só libro desta lista, eu xa sería feliz como unha perdiz.

No hay comentarios: